Sunday 28 de April de 2024

Inés Rey acompañou o ministro de Agricultura e Pesca na súa visita ao buque de investigación oceoanográfica “Miguel Oliver”


A alcaldesa, Inés Rey, acompañou esta tarde o ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación en funcións, Luís Planas, durante a súa visita ao buque de investigación oceanográfica “Miguel Oliver”, un dos tres buques de investigación pesqueira e oceanográfica da Secretaría Xeral de Pesca. Trátase dun buque multidisciplinar de 70 metros de eslora e 12 de manga cun equipamento tecnolóxico para a navegación e investigación pesqueira e oceanográfica e conta coa cualificación de buque ecolóxico e silencioso.

A embarcación partiu do porto de Vigo para comezar a campaña “Descarsel 0819” cuxo obxectivo é estudar estratexias para reducir descartes e especies non desexadas, selectividade e supervivencia na pesca de arrastre. A campaña esténdese ata o 10 de setembro.

A visita, que incluíu un percorrido polo interior, as cubertas, sala de procesado e laboratorios, contou tamén coa presenza do delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, da conselleira do Mar, Rosa Quintana, do presidente da Autoridade Portuaria da Coruña, Enrique Losada Rodríguez, así como do director do Instituto Español de Oceoanografía, Eduardo Balgerías.